¿Cal consideras ti o mellor slim hoxe en día do mercado, tendo en conta tanto precio, acción, lance e durabilidade?

sábado, 27 de noviembre de 2010

Vivimos nun país de carallo


En relación coa noticia publicada na Voz de Galicia este venres:

PESCA ILEGAL
El Supremo absuelve a cuatro de los acusados de pescar con dinamita
El fallo cree insuficientes las pruebas y los testimonios que usó la Audiencia de A Coruña para condenarlos
Mantiene la pena de cárcel para uno de los tres hermanos de Camariñas detenidos por faenar con explosivos
Cristina Viu CARBALLO/LA VOZ. 26/11/2010


Cando se leen este tipo de cousas, a min polo menos cómeme a rabia por dentro. ¿Cómo pode ser que xente que ten explosivos na casa, que os emprega para pesca ilegal, que é sabido e hai probas e escoitas telefónicas, saian libres?
E que ademáis do delito medioambiental (que por certo, ningún foi condenado por iso), está o da tenencia ilegal de explosivos.
Isto non é nada raro, case todo o mundo escoitou falar dalgún individuo destes que se dedican a estoupar o mar. E se non é iso, pois capturas en época de veda, sen rexistros, artes ilegais, sen respetar zonas protexidas, especies con tallas indebidas...
Moi raro que alguén non coñeza algún caso deste estilo esntre os chamados "pescadores" profesionais. Con isto non quero dicir que todos actúen deste modo, pero hai un alto número, atrévome a dicir a maioría, que incumpren algunha das regras que lles esixe a súa profesión. E sen embargo, hai unha sensación de impunidade tremenda, permitindo este tipo de delitos sen consecuencia algunha.
Dígoo claramente, porque moitas veces os pescadores deportivos, que de verdade amamos o mar, e que non o vemos coma un lugar de onde extraer os maiores beneficios posíbeis senón coma un valor natural do que poder desfrutar da nosa afición, somos acusados sen ningún tipo de probas.
A pesca profesional carece de controis verdadeiramente exhaustivos, tanto das capturas coma dos métodos empregados. E por suposto, carece de castigos para este tipo de accións ilegais e destructoras.
Baixo o meu parecer, a pesca profesional non ten futuro desta maneira na que se está a desenvolver: acabouse. O futuro tira por outras vías, coma a da acuicultura, ou a pesca sostíbel ou responsábel, cara as reservas mariñas... e non cara unha sobreexplotación pesqueira na que parece que seguimos epeñados neste país.
E iso non se quere recoñecer, pero hai que dicilo abertamente.

1 comentario: