¿Cal consideras ti o mellor slim hoxe en día do mercado, tendo en conta tanto precio, acción, lance e durabilidade?

lunes, 19 de octubre de 2009

PESCA DA ROBALIZA CON PEIXE VIVO A BOIA. II


ESCENARIOS,CONDICIÓNS:

Para esta modalidade pódense recorrer variedade de escenarios, pero con uns requisitos mínimos, ó meu parecer:
  • Debe de haber suficiente auga, ideal en torno ós 4 metros de profundidade.
  • Pouco vento, necesario para manexar a boia, sobre todo cando a liña debe sortear rochas na deriva da boia
  • A poder ser débense cumprir as condicións óptimas coma para o spinning: 1-2m de ola, amenceres e atardeceres,días nubrados. Non se descarta a noite,tamén fructífera.
  • Sería ideal ademáis destas condicións, que existise unha corrente, que axude a mover a boia nunha dirección, tratando así de que o peixe recorra o maior espazo posible. Non é condición indispensable,pero é moi a ter en conta.
Partindo disto distingo 4 escenarios principais:

RÍAS E ESTEIROS.
Sen duda, lugares a ter en conta, sobre todo cando en mar aberto hai demasiado oleaxe, e entra peixe a comer. Pódense empregar espigóns, ou rochas que poidamos andar ó longo, xa que lanzaremos o peixe relativamente preto, 5-10 metros, co fin de aproveitar as correntes que desprazarán o corcho en paralelo, e con el trasládase o peixe vivo e mais nós, recorrendo un maior espazo. Tamén se pode colocar a boia noutros lugares sen correntes, como ensenadas, ou pozos que creamos apropiados.


PORTOS.
Non é o meior lugar teóricamente, pero pódenos deparar grandes sorpresas en forma dun bó robalo, ou un banco de robalizas quileiras. Aquí a mellor hora é unha vez se poña o sol, ou en amencidas,prospectando os lugares con luz artificial, onde se acumulará microfauna.

ROMPENTES.

Calqueira rompente, cunha profundidade suficiente será ideal para esta pesca, buscando á robaliza baixo a escuma, ou en claros entre escumeiros.
Pedras que deixen á vista grandes laminarias son bós indicadores.
En días de Outono ou Primavera, escuros, pódense facer pescatas desas que nunca se olvidan.

OUTRO TIPO DE ESCENARIOS CON DESEMBOCADURAS DE RÍOS OU REGATOS.
Un exemplo sería unha praia de area e pedras, mixta, con rochas ás marxes preto dun aporte de auga doce.Prospectar estes lugares con angula viva no Inverno sempre é un acerto.


Esta técnica, é ás veces compatible co spinning, podendo practicar ambas modalidades e disfrutar dun gran día de pesca, exprimindo ó máximo todos os recursos.


Óscar.





PESCA DA ROBALIZA CON PEIXE VIVO A BOIA. I

Vou falarvos desta técnica, ó meu parecer moi simple, pero á vez moi selectiva, e que nos pode dar grandes alegrías.
Persoalmente teño disfrutado moito con esta modalidade, que deixei algo de lado por aquelo do spinning...Vamo aló:

O MATERIAL:

  • CANA: ante todo lixeira, xa que pasaremos tempos longos con ela na man dun lado para outro. Coas medidas entramos na amplitude de escenarios: hai que adaptarse, pero 4 metros, 4,5 metros podería ser unah medida estándar, para poder traballar as pezas, que normalmente soen vir ven enganchadas.
  • CARRETE: lixeiro tamién, ben compensado.Un 5000,6000 de Shimano é o que persoalmente emprego.
  • LIÑA: ás veces emprego trenzado de 20 lbs con baixo dunha braza de monofilamento, que varía en grosor segundo o escenario, pero de boa calidade, e como media ronda os 0,30-0,35 mm de diámetro.Pode empregarse únicamente monofilamento sen ningún problema.
  • BOIA: normalmente de pequeno porte(salvo que sexa indispensable acadar un punto lonxano), coma as empregadas para o sargo, co fin de darlle a máxima liberdade ó peixe vivo, que ó fin e ó cabo é o protagonista.



  • ANZÓS: cores escuras, nada de prateados. Dun tamaño adaptado ó peixe que empreguemos. Non demasiado grande, aproximadamente do que poderiamos empregar para encarnar un cangrexo.


ANZUELADO:

Pódense anzuelar os peixes de diversos modos, segundo o gusto persoal ou a consistencia dos mesmos. Eu adoito facelo pasando o anzó xusto por diante dos ollos, ou pola parte superior do lomo con moito coidado de non profundizar moito. Outra opción é atalo ó anzó con fío de seda, o que ó meu parecer réstalle movilidade, e empeora a presentación. O peixe irá ceive, sen chumbo nin intermediarios entre o anzó e o corcho, para unha total liberdade.

OS PEIXES QUE EMPREGAREMOS:

Normalmente adoito empregar peóns, xureliños, lanzóns, chicharros pequenos ou múxiles de pequenas dimensións.No inverno empréganse moito as angulas e pequenas anguías.
Poden servir outro tipo de peixes, que a robaliza non descartará cando esté famenta como gobios, pequenas mojarras, salpas, etc...
A miña preferencia son os peóns e os chicharros, que se conseguen máis fácilmente. Os primeiros son demoi bó gusto para as robalizas, pero moi delicados e morren con maior facilidade. Os segundos son máis resistentes, máis enérxicos, pero quizáis menos apetecibles, con maior cantidade de espiñas.
Os lanzóns son ideais, en canto á constistencia, resistencia e aprezo polas robalizas, pero son máis difíciles de conseguir.



Chicharrín




Imagen: Anxo, de robalizas.es Imagen: caborno21, de robalizas.es

MÉTODOS PARA A CAPTURA DO CEBO:

É a parte máis ardua do traballo, se non existen bancos frecuentes nos portos, ou non se ten acceso a ningún barco pesqueiro que poida facilitar unha presada de peixes.
Pódense capturar atraéndoos con engodo de anchoa ou de sardiña, macizando pouco a pouco, normalmente nas qesquinas ou cerca de luces en portos.
Se se logra atraer un número considerable de peixes, dispoñendo dunha zaranda ou un "medio mundo" de dimendións considerables que previamente colocariamos baixo o cardume, dunha soa tirada pódese sacar peixe para varias xornadas.
Se non, pódense capturar un a un ,con anzós mínimos e pedazos de sardiña conxelada, para que non se desprenda fácilmente do anzó.

MANTEMENTO DO CEBO VIVO:

Se non se dispón dun viveiro, pódese empregar un osixenador que se atopará con facilidade en calqueira tenda, cun par de pilas. Consumen bastante pouco. Esto, xunto cun caldeiro duns cantos litros de auga chegará para conservalos dun día para outro.
Unha vez no lugar, pódese cambiar a auga de vez en cando e sería suficiente.
Se algún dos peixes morre, é mellor retiralo inmediatamente, pois aféctalle ó resto, e poderían chegar a morrer por estrés.

.....

Seguirei cos seguintes apartados o próximo día: ESCENARIOS,TÉCNICAS,CONDICIÓNS DO MEDIO ÓPTIMAS...
Un saúdo, Óscar.

jueves, 15 de octubre de 2009

Verano que se alonga...


Son moitas as persoas entendidas no tema que me comentan case a diario a extraña meteoroloxía deste ano,e especialmente deste Outono. Digo meteoroloxía e non clima, porque non é un cambio que se alonque no tempo, ano tras ano, ó menos polo de agora, pero é obvio que algo raro está a acontecer.
Estamos a mediados do mes de Outubro, cun tempo inusual para estas épocas do ano, moitas veces máis propio do verán. A chegada este ano do Outono estase a retrasar, converténdose nun verano atenuado.
Esto pódese observar na natureza cotidiana, basta con atender ás copas das árbores.
Pero tambén afecta ó mar.O normal nesta época é que tras a escaseza de capturas lóxica do verán, aumentasen exponencialmente en número e tamaño, cousa que de momento non parece suceder.
Posúen as robalizas demasiada comida ? demasiados patexos, xurelos, chicharros....?
Non teño datos a nivel de toda Galiza, pero podo asegurar que este ano sobserváronse unha grande cantidade de bancos de patexos anormal, e os bancos de pequeños peixes que abundaban no verán, e desaparecían en casi a súa totalidade coa chegada do Outono agora en portos e esteiros...
É unha opinión persoal, á que se lle suman outros factores como a presión da pesca profesional que acaba minguando as capturas ano tras ano, pero este dato non afecta tan drásticamente no tempo ós pescadores deportivos de costa...
Non sei que pasa, pero algo ocorre coa falta de capturas...
Só queda esperar,caña na man, os bós tempos dos robalos...que non tarden...

miércoles, 14 de octubre de 2009

ROBALIZAS




Como non mencionar nesta introducción, como non falar da raíña da escuma e dos nosos mares, dese xenial peixe que paradóxicamente atrápanos a moitos indo tras os seus pasos ó longo desta costa...e outras moitas no mundo.Aquí está.
Recomendar un sitio web, crucial na miña iniciación nesta especialidade:
robalizas. es, web especializada no tema, na que a temática principal xira en torno á pesca desta especie a spinning desde costa.Alí atoparedes grandes pescadores, pero sobre todo, grandes compañeiros. Seguro que vos gustará.De verdade, moi recomendable.
Un saúdo a todos!


De estrena...



Hai que comezar por onde ó fin, é onde todo comezou.
O mar...
A fonte da vida no planeta, da miña paixón e da de moitos outros: robalizas....
Comezamos ...
Añadir imagen