¿Cal consideras ti o mellor slim hoxe en día do mercado, tendo en conta tanto precio, acción, lance e durabilidade?

martes, 21 de diciembre de 2010

UN POUCO DE BIOLOXÍA DOS NOSOS MARES

Vouvos falar desta volta un pouco sobre algúns dos "bichiños" que podemos atopar polas nosas costas, e empezo por algúns dos máis sinxelos, curiosos e ben fermosos: Son os Ctenóforos:

Os Ctenóforos son un filo de metazoos diblásticos bastante pequeno, cunhas 50 especies, todas peláxicas e normalmente non costeiras senón de augas abertas. Teñen unha disposición do tubo dixestivo en saco cego, é dicir, carecen de ano.
Son animais que forman parte do plancto.

O termo Cteno fai referencia a "peine" , e "foro" ó xeito de se desprazaren: é dicir, son animais que se desprazan mediante peines, situados en 8 filas de polo a polo do animal. Cada peine consta de numerosos cilios, que se orientan sempre cara a zona aboral. Conseguen un movemento continuo ó bateren os cilios non á vez, senón por ondas de activación.
Avanza coa boca cara adiante.
Poden ter un par de tentáculos , que son os que capturan zooplancto, sobre todo copépodos, grazas a células pegañentas especializadas ou coloblastos. Os tentáculos manéxanos coma canas de pescar. Tamén poden carecer de tentáculos, e estes son Ctenóforos que se alimentan doutros Ctenóforos, grazas a unha gran boca coa que os engullen.

Déixovos algunha foto, pero o verdadeiramente bonito son os videos: mirade como se moven e cómo cazan:

UN PAR DELES NO MEDIO NATURAL



ESTE É DO TIPO TENTACULADO: CAZA ZOOPLANCTO, LARVAS COMA COPÉPODOS



E ESTE É DOS QUE CAZAN OUTROS CTENÓFOROS, SEN TENTÁCULOS.



http://www.youtube.com/watch?v=VXu41hVUPPA&feature=related

A partir dos 53 segundos podedes ver un ctenóforo, Beroe ovata, papándose a outro.

http://www.youtube.com/watch?v=3uch5Z7XdUc&feature=related

E neste vedes todos os tipos.

ATA OUTRA!

miércoles, 1 de diciembre de 2010

TOP 10

Agora quédanvos algunhas fotografías, coas que supoño vos serán familiares (algúns podédelos atopar no Decathlon).
O megashad de flashmer só o poño unha vez, pese a que está en dúas lonxitudes diferentes, 10 e 12 cm.
Notade que varios dos que están máis arriba son tipo worm, un deseño que parece dar grandes resultados. Pero bueno, na táboa hai de todo, shads, jerckbaits...
X-LAYER

FIN´S FISH

MEGASHAD

SLUG GO

MOTHERWORM

GULP ALIVE MINNOW

ONE UP SHAD

SEA SHAD 5`

NITRO SOFT JERL 112

TÁBOA 2010 DO TOP 10 DE VINILOS EN FRANCIA

Pois como estou a tratar este tema dos vinilos, aquí vos deixo esta táboa, na que se establece un top 10 dos señuelos brandos en Francia, neste ano.
Esta enquisa foi elaborada por un foro francés especializado na pesca da robaliza, na que participaron un total de 277 pescadores deportivos.
Teñen outra táboa de señuelos brandos, pero esa non é tan representativa, pois na maioría da costa francesa empregan sobre todo paseantes como principais mostras duras. Case é propiamente un top 10 de paseantes. Outro día poñeréivola por aquí.

Fixándonos na táboa, vemos como os 2 primeiros, sobre todo o X-layer lévanlle moita distancia. Ambos traballan moi ben, dunha maneira errática, con pequenas cabezas plomadas, non de moito peso. Ou se son en tamaños maiores, poderían ir sen lastrar, aínda que para o meu gusto estes vinilos non lanzan demasiado así, non son moi densos.
A clasificación non é 100% aplicable ás nosas costas, pero o ambiente das rías e alrededores, ou outros lugares na época do verán pódense semellar bastante ás augas francesas onde triunfan estas gomas.

Un saúdo, e boa pesca!
Óscar

NOME // MARCA // VOTOS
1 X-layer //Megabass // 100
2 Fin’s Fish 4.5´ // Lunker City // 43
3 Mega Shad 120 // Flashmer // 35
4 Slug Go 6′ // Lunker City // 18
5 Mother Worm 6′ // Madness // 17
6 Gulp Alive Minnow // Berkley // 15
7 One Up Shad // Sawamura // 13
8 Sea Shad 5′ // Bass assassin // 13
9 Mega Shad 100 // Flashmer 12 //
10 Nitro soft Jerk 112 // Illex // 11

domingo, 28 de noviembre de 2010

Máis de vinilos...

Sigo co tema dos vinilos, e vou a repasar un pouco por riba outros 5 vinilos top para min:





Comezo cun Shad: o Shad GT de Delalande.
Unha mostra moi boa, de novo desta casa, cun gande éxito en canto a señuelos brandos se refire.Está fabricado en plastisol, resistente e duradeiro.
O shad GT presenta a cola típica de Shad pero algo máis fina en prolongación, que lle outorga as principais vibracións na súa natación. Sen embargo este é un vinilo que posúe unha acción moi especial: o seu corpo non se mantén impasible ó navegar movéndose só a cola, senón que realiza fortes oscilacións a ambos lados, xirando sobre o seu eixo.
Así, o movemento deste Shad é convincente.
Penaliza algo o lance,opón bastante resitencia ó aire, quizáis o aspecto menos favorable.Polo resto penso que impecábel.


Neste vídeo poderedes ver un pouco máis con detalle acción e montaxe:
http://www.youtube.com/watch?v=Zk_unQTbyVM&feature=player_embedded#!

Dispoñible en 9, 11, 13, 15 e 18 cm. Para min os ideais son os de 13 e 15 cm.
Podémolo lastrar con cabezas de diferente peso, ata os 200 gr, cos que poderiamos practicar jigging.
O modo de traballalo é sinxelo, coma calqueira pikie: recollida lenta polo fondo, imprimíndolle pequenos toques de punteira.
Se queremos utilizalo en zonas pouco profundas, para non acabar co vinilo enganchado no fondo, podemos cortalo cun simple cúter, e adaptalo a unha cabeza lixeira, sobre 20, 25 gr, e así lograremos unha recollida lineal non moi por debaixo da superficie.
E esta é unha nova montaxe que se pode empregar cunha cabeza articulada:
http://www.youtube.com/user/delalandepeche#p/a/u/2/-eBFpefB1Qc

Bueno, para a próxima máis, algú modelo tipo Slug.
Un saúdo e boa pesca!

sábado, 27 de noviembre de 2010

Vivimos nun país de carallo


En relación coa noticia publicada na Voz de Galicia este venres:

PESCA ILEGAL
El Supremo absuelve a cuatro de los acusados de pescar con dinamita
El fallo cree insuficientes las pruebas y los testimonios que usó la Audiencia de A Coruña para condenarlos
Mantiene la pena de cárcel para uno de los tres hermanos de Camariñas detenidos por faenar con explosivos
Cristina Viu CARBALLO/LA VOZ. 26/11/2010


Cando se leen este tipo de cousas, a min polo menos cómeme a rabia por dentro. ¿Cómo pode ser que xente que ten explosivos na casa, que os emprega para pesca ilegal, que é sabido e hai probas e escoitas telefónicas, saian libres?
E que ademáis do delito medioambiental (que por certo, ningún foi condenado por iso), está o da tenencia ilegal de explosivos.
Isto non é nada raro, case todo o mundo escoitou falar dalgún individuo destes que se dedican a estoupar o mar. E se non é iso, pois capturas en época de veda, sen rexistros, artes ilegais, sen respetar zonas protexidas, especies con tallas indebidas...
Moi raro que alguén non coñeza algún caso deste estilo esntre os chamados "pescadores" profesionais. Con isto non quero dicir que todos actúen deste modo, pero hai un alto número, atrévome a dicir a maioría, que incumpren algunha das regras que lles esixe a súa profesión. E sen embargo, hai unha sensación de impunidade tremenda, permitindo este tipo de delitos sen consecuencia algunha.
Dígoo claramente, porque moitas veces os pescadores deportivos, que de verdade amamos o mar, e que non o vemos coma un lugar de onde extraer os maiores beneficios posíbeis senón coma un valor natural do que poder desfrutar da nosa afición, somos acusados sen ningún tipo de probas.
A pesca profesional carece de controis verdadeiramente exhaustivos, tanto das capturas coma dos métodos empregados. E por suposto, carece de castigos para este tipo de accións ilegais e destructoras.
Baixo o meu parecer, a pesca profesional non ten futuro desta maneira na que se está a desenvolver: acabouse. O futuro tira por outras vías, coma a da acuicultura, ou a pesca sostíbel ou responsábel, cara as reservas mariñas... e non cara unha sobreexplotación pesqueira na que parece que seguimos epeñados neste país.
E iso non se quere recoñecer, pero hai que dicilo abertamente.

viernes, 26 de noviembre de 2010

UN CLÁSICO NAS RÍAS




Pois este é para min, un dos vinilos fundamentais nas rías, esteiros, e demáis zonas tranquilas. Un clásico no verán sobre todo, pero en xeral durante todo o ano.
Trátase do Glider Shad de Delalande.
Atópase dispoñible en tres tamaños, 11cm, 13cm e 16 cm.
Admiten diferentes montaxes, diferentes cabezas plomadas...pero eu emprégoos únicamente cun anzó, sen máis, estilo finesse que dirían na Francia.
Pode enganar, pero debido á súa elevada densidade lanzan caralludamente, en calqueira dos tamaños. Senón, sempre lles podes incorporar os pesos que ti queiras, furándoos na barriga, aínda que deste xeito penaliza algo a maneira de traballar.
O seu forte é a acción: unha verdadeira gozada, é totalmente natural, coma un peixiño nas útimas. Recollendo a toques contínuos,punteira baixa e línea sempre tensa...nada a un palmo da superficie, e é impresionante como vibra a cola bífida en cada estracón.
Verdadeiramente é moi moi efectivo. A min deume moitísimas robalizas, cando a cousa está tranquila...e non lle atacan a nada, sempre remata por triunfar.
Téñoas visto tragalo ata o estómago diante miña, a apenas 2-3 metros...en fin, para o amante dos vinilos e a pesca lixeira....unha gozada.
Eu utilizo principalmente o de 13, pero o de 16 acaban tragándoo ata as máis pequeniñas, asegúrovolo.
En canto a cores, eu emprego o vermello, o branco e o azul máis claro, pero estou seguro que calqueira deles dará resultado.
Este tipo de pesca "weightless" é moi adictiva, acostumados sempre a lanzar-recoller coma unha máquina minnows, o manexo libre destes artificiais achégate aínda máis ó peixe. Por riba sempre está a vantaxe do prezo dos vinilos, moitísimo máis económico cós últimos modelos made in Japan.
En fin,probádeos vós mesmos...e xa me contaredes

pd: Tratarei máis artificiais desta marca: encántanme os seus vinilos, e teñen unha gama moi interesante...mañá máis!

TRAS DUN ANO...



Tras dun ano de abandono absoluto deste blog, decídome hoxe a retomalo de novo... non sei por canto tempo, pero veremos a ver se duran as ganas e o tempo para escribir algo por aquí.
Así que sen máis, arrancamos de novo!