¿Cal consideras ti o mellor slim hoxe en día do mercado, tendo en conta tanto precio, acción, lance e durabilidade?

lunes, 19 de octubre de 2009

PESCA DA ROBALIZA CON PEIXE VIVO A BOIA. I

Vou falarvos desta técnica, ó meu parecer moi simple, pero á vez moi selectiva, e que nos pode dar grandes alegrías.
Persoalmente teño disfrutado moito con esta modalidade, que deixei algo de lado por aquelo do spinning...Vamo aló:

O MATERIAL:

  • CANA: ante todo lixeira, xa que pasaremos tempos longos con ela na man dun lado para outro. Coas medidas entramos na amplitude de escenarios: hai que adaptarse, pero 4 metros, 4,5 metros podería ser unah medida estándar, para poder traballar as pezas, que normalmente soen vir ven enganchadas.
  • CARRETE: lixeiro tamién, ben compensado.Un 5000,6000 de Shimano é o que persoalmente emprego.
  • LIÑA: ás veces emprego trenzado de 20 lbs con baixo dunha braza de monofilamento, que varía en grosor segundo o escenario, pero de boa calidade, e como media ronda os 0,30-0,35 mm de diámetro.Pode empregarse únicamente monofilamento sen ningún problema.
  • BOIA: normalmente de pequeno porte(salvo que sexa indispensable acadar un punto lonxano), coma as empregadas para o sargo, co fin de darlle a máxima liberdade ó peixe vivo, que ó fin e ó cabo é o protagonista.



  • ANZÓS: cores escuras, nada de prateados. Dun tamaño adaptado ó peixe que empreguemos. Non demasiado grande, aproximadamente do que poderiamos empregar para encarnar un cangrexo.


ANZUELADO:

Pódense anzuelar os peixes de diversos modos, segundo o gusto persoal ou a consistencia dos mesmos. Eu adoito facelo pasando o anzó xusto por diante dos ollos, ou pola parte superior do lomo con moito coidado de non profundizar moito. Outra opción é atalo ó anzó con fío de seda, o que ó meu parecer réstalle movilidade, e empeora a presentación. O peixe irá ceive, sen chumbo nin intermediarios entre o anzó e o corcho, para unha total liberdade.

OS PEIXES QUE EMPREGAREMOS:

Normalmente adoito empregar peóns, xureliños, lanzóns, chicharros pequenos ou múxiles de pequenas dimensións.No inverno empréganse moito as angulas e pequenas anguías.
Poden servir outro tipo de peixes, que a robaliza non descartará cando esté famenta como gobios, pequenas mojarras, salpas, etc...
A miña preferencia son os peóns e os chicharros, que se conseguen máis fácilmente. Os primeiros son demoi bó gusto para as robalizas, pero moi delicados e morren con maior facilidade. Os segundos son máis resistentes, máis enérxicos, pero quizáis menos apetecibles, con maior cantidade de espiñas.
Os lanzóns son ideais, en canto á constistencia, resistencia e aprezo polas robalizas, pero son máis difíciles de conseguir.



Chicharrín




Imagen: Anxo, de robalizas.es Imagen: caborno21, de robalizas.es

MÉTODOS PARA A CAPTURA DO CEBO:

É a parte máis ardua do traballo, se non existen bancos frecuentes nos portos, ou non se ten acceso a ningún barco pesqueiro que poida facilitar unha presada de peixes.
Pódense capturar atraéndoos con engodo de anchoa ou de sardiña, macizando pouco a pouco, normalmente nas qesquinas ou cerca de luces en portos.
Se se logra atraer un número considerable de peixes, dispoñendo dunha zaranda ou un "medio mundo" de dimendións considerables que previamente colocariamos baixo o cardume, dunha soa tirada pódese sacar peixe para varias xornadas.
Se non, pódense capturar un a un ,con anzós mínimos e pedazos de sardiña conxelada, para que non se desprenda fácilmente do anzó.

MANTEMENTO DO CEBO VIVO:

Se non se dispón dun viveiro, pódese empregar un osixenador que se atopará con facilidade en calqueira tenda, cun par de pilas. Consumen bastante pouco. Esto, xunto cun caldeiro duns cantos litros de auga chegará para conservalos dun día para outro.
Unha vez no lugar, pódese cambiar a auga de vez en cando e sería suficiente.
Se algún dos peixes morre, é mellor retiralo inmediatamente, pois aféctalle ó resto, e poderían chegar a morrer por estrés.

.....

Seguirei cos seguintes apartados o próximo día: ESCENARIOS,TÉCNICAS,CONDICIÓNS DO MEDIO ÓPTIMAS...
Un saúdo, Óscar.

2 comentarios:

  1. Buen articulo Oscar, enhorabuena.
    Un saludo.

    ResponderEliminar
  2. Aúpa Oscar: Interesante tu blog aunque con esas boyas pesca cualquiera (es broma). Un saludo amigo.

    ResponderEliminar