
Pois este é para min, un dos vinilos fundamentais nas rías, esteiros, e demáis zonas tranquilas. Un clásico no verán sobre todo, pero en xeral durante todo o ano.
Trátase do Glider Shad de Delalande.
Atópase dispoñible en tres tamaños, 11cm, 13cm e 16 cm.
Admiten diferentes montaxes, diferentes cabezas plomadas...pero eu emprégoos únicamente cun anzó, sen máis, estilo finesse que dirían na Francia.
Pode enganar, pero debido á súa elevada densidade lanzan caralludamente, en calqueira dos tamaños. Senón, sempre lles podes incorporar os pesos que ti queiras, furándoos na barriga, aínda que deste xeito penaliza algo a maneira de traballar.
O seu forte é a acción: unha verdadeira gozada, é totalmente natural, coma un peixiño nas útimas. Recollendo a toques contínuos,punteira baixa e línea sempre tensa...nada a un palmo da superficie, e é impresionante como vibra a cola bífida en cada estracón.
Verdadeiramente é moi moi efectivo. A min deume moitísimas robalizas, cando a cousa está tranquila...e non lle atacan a nada, sempre remata por triunfar.
Téñoas visto tragalo ata o estómago diante miña, a apenas 2-3 metros...en fin, para o amante dos vinilos e a pesca lixeira....unha gozada.
Eu utilizo principalmente o de 13, pero o de 16 acaban tragándoo ata as máis pequeniñas, asegúrovolo.
En canto a cores, eu emprego o vermello, o branco e o azul máis claro, pero estou seguro que calqueira deles dará resultado.
Este tipo de pesca "weightless" é moi adictiva, acostumados sempre a lanzar-recoller coma unha máquina minnows, o manexo libre destes artificiais achégate aínda máis ó peixe. Por riba sempre está a vantaxe do prezo dos vinilos, moitísimo máis económico cós últimos modelos made in Japan.
En fin,probádeos vós mesmos...e xa me contaredes
pd: Tratarei máis artificiais desta marca: encántanme os seus vinilos, e teñen unha gama moi interesante...mañá máis!