¿Cal consideras ti o mellor slim hoxe en día do mercado, tendo en conta tanto precio, acción, lance e durabilidade?

domingo, 28 de noviembre de 2010

Máis de vinilos...

Sigo co tema dos vinilos, e vou a repasar un pouco por riba outros 5 vinilos top para min:





Comezo cun Shad: o Shad GT de Delalande.
Unha mostra moi boa, de novo desta casa, cun gande éxito en canto a señuelos brandos se refire.Está fabricado en plastisol, resistente e duradeiro.
O shad GT presenta a cola típica de Shad pero algo máis fina en prolongación, que lle outorga as principais vibracións na súa natación. Sen embargo este é un vinilo que posúe unha acción moi especial: o seu corpo non se mantén impasible ó navegar movéndose só a cola, senón que realiza fortes oscilacións a ambos lados, xirando sobre o seu eixo.
Así, o movemento deste Shad é convincente.
Penaliza algo o lance,opón bastante resitencia ó aire, quizáis o aspecto menos favorable.Polo resto penso que impecábel.


Neste vídeo poderedes ver un pouco máis con detalle acción e montaxe:
http://www.youtube.com/watch?v=Zk_unQTbyVM&feature=player_embedded#!

Dispoñible en 9, 11, 13, 15 e 18 cm. Para min os ideais son os de 13 e 15 cm.
Podémolo lastrar con cabezas de diferente peso, ata os 200 gr, cos que poderiamos practicar jigging.
O modo de traballalo é sinxelo, coma calqueira pikie: recollida lenta polo fondo, imprimíndolle pequenos toques de punteira.
Se queremos utilizalo en zonas pouco profundas, para non acabar co vinilo enganchado no fondo, podemos cortalo cun simple cúter, e adaptalo a unha cabeza lixeira, sobre 20, 25 gr, e así lograremos unha recollida lineal non moi por debaixo da superficie.
E esta é unha nova montaxe que se pode empregar cunha cabeza articulada:
http://www.youtube.com/user/delalandepeche#p/a/u/2/-eBFpefB1Qc

Bueno, para a próxima máis, algú modelo tipo Slug.
Un saúdo e boa pesca!

sábado, 27 de noviembre de 2010

Vivimos nun país de carallo


En relación coa noticia publicada na Voz de Galicia este venres:

PESCA ILEGAL
El Supremo absuelve a cuatro de los acusados de pescar con dinamita
El fallo cree insuficientes las pruebas y los testimonios que usó la Audiencia de A Coruña para condenarlos
Mantiene la pena de cárcel para uno de los tres hermanos de Camariñas detenidos por faenar con explosivos
Cristina Viu CARBALLO/LA VOZ. 26/11/2010


Cando se leen este tipo de cousas, a min polo menos cómeme a rabia por dentro. ¿Cómo pode ser que xente que ten explosivos na casa, que os emprega para pesca ilegal, que é sabido e hai probas e escoitas telefónicas, saian libres?
E que ademáis do delito medioambiental (que por certo, ningún foi condenado por iso), está o da tenencia ilegal de explosivos.
Isto non é nada raro, case todo o mundo escoitou falar dalgún individuo destes que se dedican a estoupar o mar. E se non é iso, pois capturas en época de veda, sen rexistros, artes ilegais, sen respetar zonas protexidas, especies con tallas indebidas...
Moi raro que alguén non coñeza algún caso deste estilo esntre os chamados "pescadores" profesionais. Con isto non quero dicir que todos actúen deste modo, pero hai un alto número, atrévome a dicir a maioría, que incumpren algunha das regras que lles esixe a súa profesión. E sen embargo, hai unha sensación de impunidade tremenda, permitindo este tipo de delitos sen consecuencia algunha.
Dígoo claramente, porque moitas veces os pescadores deportivos, que de verdade amamos o mar, e que non o vemos coma un lugar de onde extraer os maiores beneficios posíbeis senón coma un valor natural do que poder desfrutar da nosa afición, somos acusados sen ningún tipo de probas.
A pesca profesional carece de controis verdadeiramente exhaustivos, tanto das capturas coma dos métodos empregados. E por suposto, carece de castigos para este tipo de accións ilegais e destructoras.
Baixo o meu parecer, a pesca profesional non ten futuro desta maneira na que se está a desenvolver: acabouse. O futuro tira por outras vías, coma a da acuicultura, ou a pesca sostíbel ou responsábel, cara as reservas mariñas... e non cara unha sobreexplotación pesqueira na que parece que seguimos epeñados neste país.
E iso non se quere recoñecer, pero hai que dicilo abertamente.

viernes, 26 de noviembre de 2010

UN CLÁSICO NAS RÍAS




Pois este é para min, un dos vinilos fundamentais nas rías, esteiros, e demáis zonas tranquilas. Un clásico no verán sobre todo, pero en xeral durante todo o ano.
Trátase do Glider Shad de Delalande.
Atópase dispoñible en tres tamaños, 11cm, 13cm e 16 cm.
Admiten diferentes montaxes, diferentes cabezas plomadas...pero eu emprégoos únicamente cun anzó, sen máis, estilo finesse que dirían na Francia.
Pode enganar, pero debido á súa elevada densidade lanzan caralludamente, en calqueira dos tamaños. Senón, sempre lles podes incorporar os pesos que ti queiras, furándoos na barriga, aínda que deste xeito penaliza algo a maneira de traballar.
O seu forte é a acción: unha verdadeira gozada, é totalmente natural, coma un peixiño nas útimas. Recollendo a toques contínuos,punteira baixa e línea sempre tensa...nada a un palmo da superficie, e é impresionante como vibra a cola bífida en cada estracón.
Verdadeiramente é moi moi efectivo. A min deume moitísimas robalizas, cando a cousa está tranquila...e non lle atacan a nada, sempre remata por triunfar.
Téñoas visto tragalo ata o estómago diante miña, a apenas 2-3 metros...en fin, para o amante dos vinilos e a pesca lixeira....unha gozada.
Eu utilizo principalmente o de 13, pero o de 16 acaban tragándoo ata as máis pequeniñas, asegúrovolo.
En canto a cores, eu emprego o vermello, o branco e o azul máis claro, pero estou seguro que calqueira deles dará resultado.
Este tipo de pesca "weightless" é moi adictiva, acostumados sempre a lanzar-recoller coma unha máquina minnows, o manexo libre destes artificiais achégate aínda máis ó peixe. Por riba sempre está a vantaxe do prezo dos vinilos, moitísimo máis económico cós últimos modelos made in Japan.
En fin,probádeos vós mesmos...e xa me contaredes

pd: Tratarei máis artificiais desta marca: encántanme os seus vinilos, e teñen unha gama moi interesante...mañá máis!

TRAS DUN ANO...



Tras dun ano de abandono absoluto deste blog, decídome hoxe a retomalo de novo... non sei por canto tempo, pero veremos a ver se duran as ganas e o tempo para escribir algo por aquí.
Así que sen máis, arrancamos de novo!

lunes, 25 de enero de 2010

Táboas de crecemento II




Esta é unha gráfica de crecemiento teórico, aplicado á robaliza, en condicións de competencia:
- Competencia de loita: os individuos van medrar de forma exponencial, pero a súa acumulación acada un punto de saturación que supera a súa capacidade de carga K, que é o máximo crecemento para unha especie sempre que o permitan os recursos dispoñibles.

Observamos que para unha poboación por hectárea, os individuos medrarán relativamente rápido a un ritmo exponencial, ata acadar os 1500 individuos por hectárea. Aquí supérase a capacidade de carga da especie, e o ritmo de crecemento descende.

É un modelo teórico, pero pode ilustrarnos certas condicións, como individuos novos relativamente numerosos nas rías e esteiros.
Os peixes gañarán biomasa, peso, de forma contínua, pero ó chegar ó punto crítico de acinamento, por competencia polos recursos, a tasa de crecemento de cada individuo vese moi mermada.
Así que pode ser que o crecemento nos xuveniles, que son os que nesta especie poden acadar poboacións elevadas, o seu crecemento sexa aínda máis lento, do xa de por sí lento da propia especie.
Falando xa de poboacións adultas, é raro observar unha competencia tan forte, aínda que poderían darse casos illados, pero dende logo no é o común, dada a tendencia á vida solitaria dos adultos.

Un dato máis a ter en conta, no interesante e complexo desenvolvemento deste místico e buscado depredador.

martes, 17 de noviembre de 2009

Desenvolvemento na ROBALIZA - Dicentrarchus labrax L.


Este serránido posúe un desenvolvemento que podemos considerar coma lento, no que podemos sacar dúas conclusións a priori:
  • Un maior crecemento, tanto en lonxitude coma en peso por parte dos individuos femias sobre os machos.
  • Un desenvolvemento moi lento ata aproximadamente os 45 cms ou 5 anos de vida, a partires do cal aumenta o seu peso e tamaño máis rápidamente.

É unha gráfica aproximada, na que non se recollen datos de especímenes superiores ós 6.5kg, pero a tendencia vai a ser cara unha saturación con respecto á variable de lonxitude, é dicir, que as robalizas unha vez acadados os 90 cms poden seguir aumentando a súa masa (ata o límite biolóxico dos 12-14 kgs) e a súa lonxitude sen embargo vaise ver pouco incrementada.

Ademáis do diferente desenvolvemento en machos e femias, existen diferenzas en canto a hábitats: en augas máis cálidas, as robalizas medrarán máis e máis rápidamente en xeral, e acadarán a madurez sexual máis rápidamente, polo que se establece a talla mínima para a súa pesca no Mediterráneo de 23 cms, fronte ós 36 cms do Atlántico e Cantábrico.

Pode haber fluctuacións nestes datos, segundo a época do ano, dispoñibilidade de alimento, meses de freza...nos que podemos atopar amplas diferenzas de peso entre 2 exemplares dunha mesma talla (robalizas extremadamente delgadas por escaseza de alimento, ou polo contrario moi grosas, sobre todo femias en época reproductora)
A partires de aquí reábrense moitas opinións, coma a da insuficiencia de ditas tallas mínimas, da cal eu son partidario. A natureza non é exacta, e moitas veces, as robalizas con esas tallas aínda non acadaron a súa madurez sexual, e son pescadas mermando exemplares reproductores.

Estes datos deben facernos reflexionar sobre moitas cousas, entre elaso valor e a riqueza destes seres. Cando se pesca un exemplar de 6 kgs e un é consciente do que isto significa, é dicir, dos anos que leva no mar, loitando por sobrevivir cada día, ás veces incluso máis anos có propio pescador ( experiencia propia ), valórase moito máis estes ecemplares.
Non só os grandes, senón tamén os pequenos exemplares,xa que debemos saber que en acadar os 12-16 cms tardan uns 2 anos.Esto fainos ter cada vez máis en conta respetar as tallas e cupos,e practicar a captura e solta, que vai gañando adeptos.

Un saludo.
Óscar


domingo, 15 de noviembre de 2009

FEED POPPER-TACKLE HOUSE



Retomo de novo este espazo, para falar deste señuelo, Feed Popper da casa Tackle-House.
Como vemos,o deseño recórdanos claramente ó Feed Shallow, cuns triples de aúpa.
É un artificial macizo,que podemos atopar en 2 tamaños: 10 e 12 cms, cuns pesos de 22 e 30 gramos respectivamente. Os triples son st46 e st 56, que eu atopo algo desproporcionados para ir tras as robalizas, e que teño cambiado a un tamaño inferior, máis acorde coa pesca que realizo.

De primeiras pode botarnos atrás o seu tamaño e robustez, máis propias de poppers típicos para outras especies como anjovas, palometóns ou incluso túnidos.
Pero en realidade sorprenderanos a súa acción e capacidade de lance (obvia se observamos simplemente o peso).
É moi estable entre a escuma e o forte oleaxe,sen perder os seus característicos movementos.
Podemos exprimilo ó máximo na pesca da robaliza sen exceder en recollidas lineais que salpiquen esaxeradamente, pero con toques seguidos e secos da punteira poderemos obter un chapoteo casi xusto e recollidas lineais cortas,á vez que con un pouco de práctica conseguiremos que faga o wtd sen excesivos problemas.
Combinando ambas accións é un señuelo moi a ter en conta, tanto co mar plano totalmente, ou con un oleaxe que outro señuelo de superficie non soportaría. Todo esto, xunto coa posibilidade que nos proporciona a súa capacidade de lance de acceder a eses laterais de pedras que sobresaen a grande distancia, farán deste peixe un imprescindible nas caixas de moitos de nós.

Aquí está a gama de cores, na que non se inclúen algunhas das tonalidades que saliron recentemente.
Persoalmente, os 5,13 y 15 son os meus preferidos. O 5 concretamente é un perfecto múxel, que será efectivo sen duda cando as lisas se atopen na superficie entre algas en suspensión, ou en portos deportivos e esteiros.
Un saúdo, e boa pesca.
Óscar